Conxunto de 50/60 bloques de madeira de 20*10*5 cm e outras maís pequenas con diversas formas e tamaños (cilíndricas, rectangulares, cadradas…)pulidas a mau.
Os bloques de madeira son de Piñeiro e as pezas máis pequenas foron feitas con distintas variedades ( carballo ,sobreiro, mimosa, piñeiro...) que fomos recollendo nos montes , dos restos das podas e limpas que se fixeron. Algunhas pezas, tamén son recortes que aproveitamos do aserradero que o noso amigo Marcos ten en San Cristobal, preto de aqui, e que decidímos darlle una segunda oportunidade.

Con elas os nenos/as ( e no tan nenos/as) libremente , elaboran estructuras e figuras, e podemosvos decir que a sua imaxinación non nos deixa de sorprender.
2.TRONCOS
Aproveitando a corta que fixo un veciño dunha figueira, non desperdiciamos a ocasión , para facer este xogo. Podes apreciar a téxtura, a dureza,a forma da figueira... pero tamen, subir, escalar, saltar, manter o equilibrio...
Engadímoslle coas mesmas polas da figueira, uns apoios laterais para darlle maíor estabilidade.
A figueira é unha das arbores máis antigas cultivadas polo home. Tdalas civilizacións antígas teñen algunha relacíon con esta árbore: maldecida, adorada, bendicida...
Agora nós...imos disfrutála.
3.ESPICHO
Foi feito con madeira de piñeiro . Son un conxunto de 6 aneis ,cun burato feito en distintas partes, para que os introduzas no pau vertical e elabores distintas figuras.
O espicho fixémolo dunha pola de mimosa, arbusto de madeira dura e flexible.
4.ÁRBORE DOS AROS
Os arrastres da crecida do Rio Arnoia durante o inverno, deixaron nas suas beiras un agasallo coma éste. Agora é un espazo creativo e imaxinativo.
Seco, pulido e mimado, os que experimentan nel poden acomodarlle as suas polas e engadirlle os aneis.
Erguido sobre a base dun sobreiro, madeira dura e cerne, aparece maxestuosa, para que as polas de madeira de piñeiro e os aros de amieiro e salgueiro, fagan que volva ter vida.5.BARRA DE EQUILIBRIO
Dous pes de eucalipto, feitos con precisión e xenialidade polo avó, e un tablón de Piñeiro dan forma a esta barra de equilibrio.
Síntete coma un funambulista, corre, experimenta co teu corpo e disfruta dela. Estáte agardando.
6.BALANCÍNS
Da adega familiar, saiu esta tempa, dunha cuba, que durante moitos anos serviu para elaborar un excelente viño, que axudou a manter a economía familiar, e regou a mesa na hora das comidas. Podes subirte a este tempa histórica ,manterte en eqilibrio no tempo, compartíla cun compañeiro/a ou mesmo, coma noutras épocas, pensar que estás pisando as uvas que pola sua pel pasaron.
7. FIAR
Nesta actividade, os mais cativos introducen un pau ,unido a un fio, polos buratos e van fiando os números e as letras do abecedario. Unha peza ten forma de racimo de uvas, feito de madeira de piñeiro, e a outra é unha antiga peza da bodega e que serviu de filtro no lagar da familia.
Nesta actividade, os mais cativos introducen un pau ,unido a un fio, polos buratos e van fiando os números e as letras do abecedario. Unha peza ten forma de racimo de uvas, feito de madeira de piñeiro, e a outra é unha antiga peza da bodega e que serviu de filtro no lagar da familia.
8. TRES EN RAIA
Xogo popular elaborado cunha base de sobreiro e pezas de amieiro.
9. COLGANTES DE MADEIRA E PINTURAS
Facemos colgantes de madeira de polas de distintas árbores: Piñeiro, eucalipto, carballo, castiñeiro,bidueiro...etc.. que os nenos/as pintan o seu antoxo.











No hay comentarios:
Publicar un comentario