martes, 3 de marzo de 2020




Somos Sindo e Yoli, unha parella con dous fillos. Animámonos a crear este blog para que todos os que queirades, poidades conocer cal é o resultado do traballo e actividades que dende a ilusión, a imaxinación e o cariño fixemos por unha casualidade.

Unha casualidade que comenzou cando dende o colexio onde estuda Mateo, o noso fillo máis pequeño de 9 anos, deciden adicar cada semana a un alumno, para que sexa o protagonista.

Dentro de esa semana de protagonista, un dos días, os pais e familiares que así o desexen, poden participar indo o colexio e adicar un tempo a falar dalgún tema ou realizar alguna actividade que lle guste.


Pois ben, cando foi a nosa quenda, despois de darlle voltas, decidimos que tería que ser algo divertido, participativo e na que os nenos foran suxeitos activos, disfrutando do que facían.
A mellor maneira de xuntar todos estes elementos éra xogando. Así foi.

A experiencia foi tan gratificante e enriquecedora, que nos animou a non deixar de lado algo de que nos sentíamos tan satisfeitos.

Grazas a vivir nunha fermosa aldea do rural, o noso entorno foi quen de proporcionarnos todo aquelo que necesitábamos.

Gústanos moito pasear, andar e disfrutar do monte e dos ríos que temos no noso val. Nas longas tardes de primavera e verán, xa tiveramos feito alguna manualidade aproveitando o que tiñamos diante dos nosos ollos: collímos paus que os ríos deixaban nas suas beiras despois das crecidas do inverno e imaxinábamos que eran serpes, cabalos, dragóns...coas suas formas e figuras...deixábamolas secar, limpábamolas, e como arte de maxia despois  de pintalas con témperas, ou non, o resultado era espectacular. Fixemos atrapasoños, campás de vento, posavasos... etc...

As veces nin siquera facia falta demasiado para aproveitar aquelo que aparecia ante nós... somente disfrutálo.

Os nenos saltan os troncos, columpianse nas polas caidas, construen casiñas con paus, meten pauciños nos buratos das árbores, dibuxan garabatos no chan , fan equilibrios por riba dunha árbore caída...
Así comenzou todo. Mans a obra.

|||Poderíamos levar algo máis que paus o cole|||

Imos alá.

 E aquí estamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario